Psicoloxía
Acompañamento emocional en momentos de cambio, ansiedade, identidade, relacións e procesos persoais.
Para luces
e sombras

En las noches claras,
resuelvo el problema de
la soledad del ser.
Invito a la luna y con
mi sombra somos tres.

O que nos move
Cando miramos a lúa en cuarto crecente, só vemos unha parte iluminada. Pero sabemos que a outra tamén existe.
Ás veces, co que sentimos e pensamos ocorre o mesmo.
Cuarto Crecente é unha invitación a explorar esas partes menos visibles de nós, con curiosidade, amabilidade e calma.
Nosos artefactos iluminadores

Acompañamento emocional en momentos de cambio, ansiedade, identidade, relacións e procesos persoais.
Apoio no teu contexto vital, nas relacións e nos proceos de inclusión, participación e bienestar social.
Mais presenza, autenticidade e conexión contigo mesma a través da experiencia do aquí e agora.

Como unha das manifestacións artísticas máis ancestrais e recurso simbólico e creativo dentro do proceso.

“Unha lunática”
Psicóloga, educadora social
e terapeuta Gestalt.
Nacín no ano 82 no rural lugués. Acompaño procesos persoais dende unha mirada integradora, na que teñen un lugar importante a arte, a natureza e o simbolismo.
Gústame escoitar, crear espazos seguros e habitar con calma o que xorde. Acompaño dende a cercanía, a autenticidade e o respecto polas historias únicas de cada persoa.
Método de traballo
Podemos vernos no meu espazo en Santiago ou a través de videochamada, segundo mellor che veña.
Unha primeira conversa para coñecernos, resolver dúbidas e ver se este é un espacio para ti.
Podes pedir cita por teléfono, email ou Whatsapp. Escollemos xuntos o mellor horario para ti.
Palabras amables
