Nosos servizos
Diferentes maneiras
de acompañarte.
En Cuarto Crecente atoparás espazos diferentes para explorar o que che acontece, como a Psicoterapia Individual e o Tarot Humanista.

Psicoterapia individual
Un espazo para
coñecerte, comprenderte
e acompañarte.
Un servizo de acompañamento psicolóxico profesional para persoas adultas, tanto presencial en Santiago de Compostela como online.
Acompaño procesos individuais dende 2016. A miña formación en Psicoloxía e Educación Social, xunto coa especialización en Terapia Gestalt, constitúen a base do meu traballo, ao que incorporo tamén ferramentas artísticas e creativas que fun engadindo ao longo dos anos.
Comezamos cunha primeira entrevista para coñecernos, falar do que che está a ocorrer e contarche como traballo.
Santiago de Compostela
Sesións presenciais ou online
Primeira toma de contacto
Para coñecernos e resolver dúbidas
O Tarot Humanista
O Tarot é unha arte
e a tarotista
unha intérprete.
Unha experiencia simbólica, filosófica e creativa que invita a explorar o presente dende novas perspectivas.
O Tarot Humanista non busca adiviñar o futuro. As súas cartas convértense nunha linguaxe para facernos preguntas, reflexionar sobre o que nos preocupa e descubrir outras maneiras de mirar aquilo que estamos a vivir.
Se che apetece vivir esta experiencia, obter máis información ou agasallala a outra persoa, podes contactar comigo.
Sabedes que validez
científica ten o tarot?
Ningunha. A linguaxe do tarot e o impacto na persoa é subxectivo e diverso. Coma o impacto que calquera obra de arte ten na vida de cada unha.
O Tarot é unha ferramenta
proxectiva, filosófica e espiritual.
As preguntas que se lle formulan
son en presente, no aquí e agora:
Que necesito saber sobre este asunto que me bloquea?
Como podo mellorar a miña relación con esta persoa?
Que me sobra e que me falta no enfoque que lle estou dando a este tema?
Quen ou que está
detrás do Tarot?
O inconsciente colectivo (diría Jung) e outras lle chamarían universo, a vida, o todo, Pachamama ou o nome de calquera deidade. Un marabilloso misterio.